Luns. 27.01.2020
El tiempo

Este Nadal, regala artesanía bergantiñá en Garabato

A inauguración do Mercadillo MOA 2 na Galeria Garabato-Carballo tivo lugar o pasado venres
A inauguración do Mercadillo MOA 2 na Galeria Garabato-Carballo tivo lugar o pasado venres
Este Nadal, regala artesanía bergantiñá en Garabato

Foron [email protected] @s que aproveitaron o mercadillo M.O.A-2 da Galería Garabato para facer as compras deses regalos de Nadal que sempre se nos atragantan. Fomentando así o consumo de arte, de artenía costeira, pois a Galeria carballesa troxo unha serie de artigos de cerámica, gravados, camisetas, chaveros, bosas.... e toda clase de obras pictóricas, dende postais, a marcapáxinas e obras en formato A4, A3 ou A5: todo feito a man.

Esta proposta nacida coa idea de promocionar o produto orixinal e único artístico "feito a man" que se fai na zona bergantiñana. Xentes como Santi Picos, Milagros Cotelo, Cristina Santiago, Mon Lendoiro, Luis Pesce, Noemi D. Neira ou Isabel Soutullo son os coreadores destas pezas ´unicas.

O mercadillo seguirá aberto ata o 8 de xaneiro de 2020, en horario de mañán de 10:00 a 14:00 do mediodia e tardes de 17:00 a 21:00 da noite.

Mercadillo MOA 2 na Galeria Garabato-Carballo2

NOVAS RELACIONADAS

 

Comentarios