Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Liberdade Afectiva e Sexual chega aos centros de ensino

Asociacion ALAS Coruna levando a realidade LGTBI ao IES Parga Pondal
A Liberdade Afectiva e Sexual chega aos centros de ensino

Que importante é educar en liberdade, e que necesario é coñecer de primeira man as distintas realidades da nosa sociedade para xulgar. De aí a importancia que cómpre darlle ás visitas como as que a Asociación pola Liberdade Afectiva e Sexual da Coruña (ALAS Coruña) realizaba onte no Isidro Parga Pondal.

Fíxoo no marco dunhas charlas/obradoiros co alumnado de ESO e Bacharelato dentro das accións relacionadas co 31 de marzo, o Día internacional da Visibilidade Transxénero. Foron dúas xornadas de conviencia e educación en valores: respecto, compañerismo e por suposto, moita diversidade.

A idea da entidade é amosar os dereitos das persoas LGTBI, e tamén contaron a súa participación en proxectos internacionais en Finlandia e Estonia.

Novas relacionadas

Comentarios