Mércores. 14.04.2021
El tiempo

Unha exposición para entender a Galicia de hoxe a través de Alfredo Brañas

inauguracion_expo_branhas no IES Carballo
Unha exposición para entender a Galicia de hoxe a través de Alfredo Brañas

O único Fillo Predilecto de Carballo, celebra este curso os 50 anos do seu centro de ensino, o IES Alfredo Brañas. E centro e Concello veñen de inaugurar unha interesante exposición sobre o escritor e ideólogo do rexionalismo galego durante a segunda metade do século XIX.

Foi o profesor e historiador Xan Fraga o que fixo de guía pola mostra, repasando as cartas manuscritas á súa nai ou a outros autores da época, dando conta da importancia de libros como “A campana d’Anllóns”, de Eduardo Pondal, dedicado polo bardo ao carballés; ou a primeira edición de “El Regionalismo”, editado en Barcelona en 1889.

Todos coincidiron na importancia de Brañas para entender a Galicia de hoxe.

Coñecendo a Carvalho Calero

Carvalho Calero en Galiza Cultura

Na mesma liá, este xoves 25 de marzo de 2021, un cento de centros de ensino e máis de 30 asociacións conmemorarán a celebración das Letras Galegas adiada de 2020, e coincidindo coa data do seu pasamento. Pola tardiña poderá disfrutarse online pola canle de youtube de Galiza Cultura a partir das 20:00h unha sesión sobre Carvalho Calero.

comentarios