Martes. 13.04.2021
El tiempo

Vinilos contra o acoso escolar polos corredores do IES

VINILOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Vinilos contra o acoso escolar polos corredores do IES

Nova acción de concienciación no IES Isidro Parga Pondal. Desta volta no marco da campaña contra o acoso escolar, realizou a colocación de vinilos con mensaxes educativas e motivadoras para o alumnado, como, por exemplo: “A única discriminada debe ser a violencia” ou “Non o permitas. Actúa!”. Esta idea partiu do equipo da biblioteca, que usou como inspiración imaxes atopadas nas redes sociais para facer os diferentes carteis. Os diferentes vinilos foros colocados en espazos comúns do centro como son as escaleiras ou o corredor que vai á cafetería.

Ademais, quixeron facer un vinilo especial para loitar contra un dos tipos de acoso escolar máis grave que é o acoso pola orientación sexual. Deste xeito, fixeron un vinilo cunhas ás acompañado do texto “Que ninguén che corte nunca as ás” que colocaron no espazo entre o patio e a cafetería para que poida ser usado como photocall por todo o alumnado do centro e que serva de lembranza: “NUNCA ninguén ten que ser [email protected] polo feito de amar e ser amado”.

Novas relacionadas

comentarios