Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Licitan a redacción das primeiras acción Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo

210115 ARSPI río Anllóns - Carballo 3
Licitan a redacción das primeiras acción Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo

Colle forza o Plan de Xestión do Risco de Inundación do Anllóns en Carballo. A Xunta vén de anunciar a licitación da redacción dos proxectos construtivos para as primeiras tres das actuacións dun plan que suporá o investimento de 3 millóns de euros.

Por agora as empresas poderán presentar ofertas ata o 31 de maio, para a redacción do proxecto, por arredor 143.000 euros, para a demolición de edificación, remodelación da ponte e creación dunha canle de augas altas na rúa Sol e do proxecto para a remodelación da ponte da rúa Fomento, coa remodelación da canle e motas de contención augas abaixo da ponte. O contrato tamén inclúe a redacción do proxecto construtivo de demolición da ponte de San Martiño e da nova ponte da rúa Deza á rúa San Xoán Bautista, sen ben esta actuación non está recollida expresamente no marco das actuacións iniciais previstas pola Xunta.

Augas de Galicia xa avanzou nos contratos para a redacción dous outros dous proxectos, na canle de desaugadoiro, na zona de Muíño do Quinto, e de remodelación integral do parque de San Martiño, que completa as actuacións previstas de cara a minimizar o risco de inundacións no río Anllóns ao seu paso por Carballo.

Novas relacionadas

Comentarios