As Xornadas de Micoloxía de Lumieira cumplen 15 anos
A Concellaría de Medio Ambiente e a Asociación Cultural Lumieira volven colaborar para seguir promovendo a cultura micolóxica entre a veciñanza con saídas ao monte, sesións de clasificación e catalogación, exposición, showcooking e degustación. E para todo iso contarán con auténticos/as especialistas.
A 15ª edición destas xornadas o sábado 12 de outubro cunha primeira saída dende o Fórum Carballo, ás 10.00 horas, e a posterior clasificación dos cogomelos e a valoración da xornada, xa a partir das 16.30 horas. Esta primeira xornada estará coordinada por Manuel Pose.
O sábado 26 será con Tomás Rodríguez, co cal se realizará unha nova saída para recoller cogomelos, co mesmo formato que a do día 12. As persoas interesadas en participar en calquera destas saídas poden inscribirse enviando os seus datos a [email protected].
E o domingo 27 rematan as xornadas unha proposta dobre que se desenvolverá arredor da feira tradicional. A partir das 11.00 horas, todo o público que o desexe poderá achegarse ata o posto que estará instalado na Praza do Concello (no caso de choiva, no mercado municipal) e aprender máis sobre os cogomelos coa axuda do micólogo Pablo Cuadrado Prado.
Á mesma hora, no interior do mercado municipal (na zona de costume), o cociñeiro Chisco Ramos ofrecen un showcooking no que aprenderemos a elaborar distintos pratos con cogomelos e que rematará cunha degustación de petiscos entre todas as persoas asistentes (ata fin de existencias).