Pan de Raposo prepara as Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte

A Casa da Cultura de Cee ponse de gala estes sábado 4 e domingo 5 de novembro para recibir as XXII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte, que este ano combinan coa LXI Semana Galega da Micoloxícas.
A Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo arrincaba o programa este mércores 1 de novembro cunha saída polos montes da contorna, para recoller as arredor de 200 especies que protagonizan a exposición.
PROGRAMA
A exposición de cogumelos (e de traballos escolares) e as súas visitas guiadas (ás 12:00h) serán o eixe das xornadas.
Pero tamén haberá varias charlas. O sábado 4 ás 17:30h, José María Costa Lago falará dos “Cogomelos do ques do Banquete de Conxo”; mentres que o domingo ás 17:30h, será o noso Jose Manuel Castro Marcote o que fale, máis tecnicamente, dos “Tricolomas”.
Ademais, non falta a arista gastronómica, e o sábado e o domingo haberá 4 haberá degustación de petiscos de cogomelos nos seguintes establecimentos: Hostal La Marina, Mesón As Viñas e O Rincón de May.
Máis actividades
Ademais, o vindeiro sábado 11 teñen outra actividade con motivo da XLI Semana Micolóxica Galega en colaboración ca Federación Galega de Micoloxía, o Concello de Cee , a Fundación Fernando Blanco de Lema e o IES Fernando Blanco. Trátase dun completo Bioblitz, un evento que se centra en atopar e identificar tantas especies como sexa posible nunha zona concreta durante un curto período de tempo, con saída pola zona de Cambeda, comida en Cee, e visita.
Podedes apuntarvos a partir do luns escribindo, como sempre, a panderaposo@gmail.com.
OUTRAS CITAS MICOLÓXICAS
NOVAS RELACIONADAS
HISTÓRICO SOBRE AS XORNADAS MICOLÓXICAS DE CEE
- Novembro 22: Pan de Raposo volveu encher de cogumelos a Casa da Cultura de Cee.
- 2021: As Xornadas Micolóxicas de pan de Raposo, un espectáculo para os sentidos.
- Xornadas 2019: A Casa da Cultura de Cee volveu convertirse nun bosque galego polas Xornadas Micolóxicas.
- Xornadas 2018: “Pois si que tiñan gañas de saír, tanto a xente como os cogumelos”.
- Xornadas 2017: Marcote: “As chuvias chegaron tarde para nós, pero aínda así salvamos os mobles con 130 especies”.
- Xornadas 2016: Cee, Coristanco, Santa Comba e Zas fixeron dos cogumelos os reis do outono.
- Xornadas 2015: Lira, Santa Comba e Ponteceso converten a Costa da Morte na capital da micoloxía.
- 2012: Marcote: “A cultura micolóxica da zona experimentou un gran cambio nos últimos anos”.