Luns. 29.04.2024
El tiempo

Lupe Blanco e Josiño da Teixeira seguen espallando a regueifa entre a mocidade carballesa

  • O Concello dalle pulo ao club de lectura, dirixido pola xornalista e escritora malpicá Marta Villar.
Regueifa no ies_alfredo_branhas
Lupe e Josiño no IES Alfredo Brañas
Lupe Blanco e Josiño da Teixeira seguen espallando a regueifa entre a mocidade carballesa

Moi fans da Escola da Regueifa do Concello de Carballo. que este venres 26 celebrará unha nova sesión aberta coa colaboración no mercado municipal; o certame Espalla Rimas, patrocinado polo Concello de Carballo, no que Lupe Blanco vén de revalidar o título dos Premios Galegos da Regueifa, ou como o proxecto Enreguéifate, impulsado polo noso concello xunto cos de Ames, Pontevedra, Santiago e Teo. 

O obxectivo non é outro que poñer en valor a regueifa, incentivar a súa práctica e difundila entre a infancia e a mocidade, e para ir avanzando nese camiño desenvólvense accións formativas dirixidas tanto ao profesorado coma ao alumnado. Despois dunha primeira quenda de obradoiros de improvisación oral nos CEIP A Cristina, Canosa-Rus, Xesús San Luís Romero, Gándara-Sofán, Nétoma-Razo e Bergantiños, e os IES Monte Neme e Parga Pondal, o venres 19 deste mes arrincou a segunda quenda, na que participan o CEIP Fogar e o IES Alfredo Brañas, cun total de sete obradoiros que rematarán o luns 27.

Nestes obradoiros, impartidos por Lupe Blanco e Josiño da Teixeira, trabállase de maneira práctica e dinámica a improvisación oral e a técnica da regueifa desde os valores da igualdade e a diversidade.

Con estas actividades tamén tratamos de impulsar a participación no certame Enreguéifate, que celebrará a súa sétima edición no 2024. O prazo de inscrición está aberto ata o 1 de marzo, e atoparás toda a información aquí.  

Club de Lectura

Club de Lectura rego_da_balsa Carballo

Paralelamebte, o club de lectura da Biblioteca Rego da Balsa xa está en marcha, este ano dirixido pola xornalista e escritora malpicá Marta Villar, gañadora do Premio Tiflos de Xornalismo no 2020, finalista no XLI Premio de Xornalismo Julio Camba Afundación, dos certames de microrrelatos da Real Academia Galega e PuntoGal nas edicións 2021 e 2022, e no Premio de Poesia Gloria Fuertes de La Rinconada (Sevilla) do 2021. No 2023 publicou Non temerás os coches amarelos (Xerais), a súa primeira novela.

As vinte prazas do club de lectura da Biblioteca Rego da Balsa están cubertas, e a persoas participantes reúnense os luns, cada quince días, de 18.00 a
19.30 horas. 
Se queredes formar parte dun club de lectura, este mes estrearán outro na biblioteca da rúa San Xoán, e podes enviar un correo electrónico cos teus datos a [email protected].

Máis novas

 

 

Comentarios