Mércores. 16.10.2024
El tiempo

A Escola da Regueifa de Carballo segue medrando no seu segundo ano de vida

Escola da Regueifa de Carballo na Praza dos Libros
A Escola da Regueifa de Carballo na Praza dos Libros
A Escola da Regueifa de Carballo segue medrando no seu segundo ano de vida

Fermosa a iniciativa do Concello de Carballo para manter viva unha tradición tan vital como a regueifa. A Escola da Regueifa afronta o seu segundo ano, despois de gañar o seu primeiro premio, "á mellor falada no Enreguéifate", e xa duplica o número de participantes.

Nestes momentos hai unha trintena de alumnos e alumnas que participan de xeito regular na Escola de Regueifa de Carballo, o dobre que no mes de marzo, pero as sesións están sempre abertas á participación das persoas que queiran regueifar e tamén das que queiran simplemente asistir como público.Consegue o Servizo de Normalización Lingüística do

Concello de Carballo descubrir a vocación e o talento dos carballeses, poñer en valor a regueifa e contribuir á súa preservación e difusión, pero sobre todo, asegurar o relevo xeracional.

A “profe oficial” da Escola de Regueifa de Carballo é Lupe Blanco, a mellor regueifeira de Galicia, pero tamén participan con inclusións o repentista cubano Luis Paz Esquivel, Papillo, e Suso de Xornes; Gloria Pardines, Carmen Rey ou Tone Martínez, de Galeatro, aportando novas aristas da posta en escena.

Unha das claves do éxito desta iniciativa é a implicación do movemento asociativo. Ademais da Escola do Alprende de Oza, a Escola de Regueifa conta coa colaboración do Casino 1889 e as entidades Nemeth, As Landras e Ría de Lema ou o propio Conservatorio Profesional de Música. A próxima cita será o obradoiro de decoración de regueifas previsto para o 27 deste mes, ás 19.00 horas, no mercado municipal. 

Escola da Reguefa Carballo

Máis novas

Comentarios