Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Abren dous Clubs de Lectura para nen@s e adolescentes en Carballo

Club de Lectura de Carballo
Club de Lectura de Carballo no Museo de Bergantiños
Abren dous Clubs de Lectura para nen@s e adolescentes en Carballo

Carballo xa ten en marcha dous clubs de lectura e o 8 de marzo arrincará o terceiro: un club de lectura en galego para nenos e nenas de 7 a 12 anos, que se encarga de dinamizar Sara Varela, mestra de educación infantil. As 15 familias participantes reuniranse o segundo martes de cada mes na Biblioteca Rego da Balsa para traballar arredor dos libros propostos dun xeito dinámico e lúdico.
A primeira lectura será A lagoa das nenas mudas, de Fina Casalderrey. As prazas están cubertas pero, se queredes, podedes anotarvos para a listaxe de agarda no 981 758 580.

E para completar a oferta, en abril arrincará o club de lectura en galego para a mocidade, destinado a adolescentes de 13 a 17 anos. Os/as participantes reuniranse tamén o segundo venres de cada mes, ás 19.00 horas, e porán en común as súas impresións sobre os libros que vaian lendo. As sesións serán dinamizadas pola educadora social Ángela Criado. Os mozos e mozas que queirades sumarvos aínda estades a tempo. Poden anotarse en 981 758 580.

Dous clubs de adultos xa en marcha

A estes dous clubs de lectura impulsados desde a Concellaría de Normalización Lingüística, Bibliotecas e Arquivos súmanse outros dous dirixidos a maiores de 18 anos. Na Biblioteca Rego da Balsa reúnense de xeito quincenal as persoas participantes no club de lectura en galego e castelán que dirixe a xornalista e escritora Marta Villar. As vinte prazas están cubertas desde o primeiro día, e son moitas as persoas que veñen repetindo un ano tras outro.

Este ano o Concello abriu un segundo club de lectura para persoas adultas, neste caso centrado en obras en galego, que dinamiza a libreira e blogueira Belén Edreira. Neste caso, o punto de encontro é o Museo de Bergantiños, no que se celebrou este venres unha nova sesión, moi participativa, na que se falou do libro Flores de ferro, da larachesa María Rei. O próximo será Aqueles dias en que eramos malas, de Inma López Silva.

Comentarios