Martes. 19.03.2024
El tiempo

Un mar de talento carballés na campaña de promoción do comercio local “A Festa levámola dentro”

15062021 campanha_comercio (22)
Presentación da campaña
Un mar de talento carballés na campaña de promoción do comercio local “A Festa levámola dentro”

Moita espectación entre o comercio carballés ante o comezo da nova campaña municipal para darlle vida á vila. Máis de cen establecementos de diferentes sectores sumáronse á proposta, presentada onte no Mercado Municipal, que ademais volvía á actividade normal na planta principal despois das obras. <(/p>

Son varios os departamentos que unen forzas para sacala campaña. Así no acto participaron o alcalde, Evencio Ferrero; a concelleira de Festas, Maruxa Suárez, e os concelleiros de Feiras e Mercados e de Promoción Económica, Juan Seoane, e Xosé Regueira. Pero se cadra @s protagonistas foron un grupo de novas e novos creadores locais con moito talento, que veñen de crear unha serie de postais verdadeiramente maxistrais.

Son Nazaret Franco, Andrea Sánchez, Adrián Vilanova, Tucho, María Pereira, María Barca e Sara Pérez, os primeiros de moitos deseñadores carballeses que participarán nas campañas municipais.

Postais Carballo do A festa Levamola dentro

Non podía faltar alusión a este diferente San Xoán (sen concurso, sen cachelas en espazos púlicos, pero si con grelladas e cachelas en espazos privados previa petición de permiso), pero a sesión foi en clave positiva, dando conta do lema que xa loce en varias pancartas situadas polo mobiliario urbano.

100 participantes

Na iniciativa participan máis de 100 establecementos de diferentes sectores. Presentando no Museo de Bergantiños un tíquet de compra de calquera deles por importe igual ou superior a 30 euros, entregarase, ata o día 30 de xuño ou ata fin de existencias, un kit composto por unha bolsa de tela, unha chapa e un imán, todo elo co deseño da campaña. Só na mañá de hoxe entregáronse 70, o que demostra a expectación creada.

Pero a proposta leva implícita unha segunda campaña: “Máis de Carballo que o pan”, que inclúe o reparto de 14.000 postais con imaxes moi, moi carballesas. Hai 7 deseños diferentes, o que implica que para conseguilos todos é preciso facer 7 compras, neste caso sen importe mínimo, en calquera dos establecementos participantes.

Poden ver aquí a lista de comercios adheridos, e aquí o vídeo promocional:

Comentarios