Venres. 26.04.2024
El tiempo

Os Mariscadores de Baldaio limpan o seu areal e conciencian

  • LimpOcean e o Concello de Malpica convoca unha nova limpeza na praia de Seaia
Mariscadores limpeza_baldaio
Unha das limpezas dos mariscadores
Os Mariscadores de Baldaio limpan o seu areal e conciencian

Algo ben estamos a facer na comarca cando son os propios mariscadores os que organizan estas limpezas de praias que habitualmente o voluntariado.

Esta semana, a Asociación de Mariscadores Fonte de Santa Helena de Baldaio organizou tres limpezas de plásticos do lixo mariño acumulado nas zonas de produción. 8 profeisonais e unha técnica do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) participaron nestas sesións artelladas no marco do programa financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños.

En só dous días retiráronse do espazo natural de Baldaio un total de 228 quilos de residuos, na súa maioría cordas, redes e plásticos.

Estes labores son beneficiosos para a explotación, xa que reducen a presenza de posibles contaminantes que poidan prexudicar ás especies que se crían na zona, nestes momentos berberecho e ameixa fina e xapónica. Pero dende a Asociación de Mariscadores Fonte de Santa Helena tamén se pretende realizar un labor de sensibilización social. Deste xeito, tras a experiencia acumulada nas limpezas realizadas entre outubro e novembro a iniciativa retomarase nos meses de xaneiro e febreiro con novas xornadas de recollida de lixo abertas a toda a cidadanía.

O Concello procedeu á recollida dos colectores e posterior xestión.

Limpeza en Seaia

cartel Limpeza Seaia por limpOcean

Como fixeron a semana pasada en Area Maior, O Concello de Malpica e LimpOcean, dentro do proxecto #malpicalibredeplásticos o concello chama a unha nova xornada de participación na limpeza de lixo mariño que se levará a cabo o vindeiro domingo, 20 de novembro, de 11:15 á 13:30 horas.

As persoas interesadas deben apuntarse co nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto no correo: [email protected]. Poden participar adultos e adultas e nenos e nenas acompañados dunha persoa maior.

Comentarios