Venres. 19.04.2024
El tiempo

“Marni dame sereridade”

A Fundación Erguete está desenvolvendo en Carballo un taller de terapia canina para adestrar competencias a persoas no tramo final da súa condena
Meu can en Carballo con Erguete 3
“Marni dame sereridade”

As verbas de D. expresan moi ben o sentido e a intención do taller de terapia canina que a Fundación Érguete desenvolve en Carballo. D. é unha das 10 persoas que, no seu proceso de reinserción sociolaboral durante a sua excarceración, disfruta desta intervención terapéutica cos animais. Coa axuda da Escola Canina Meu Can, estes 10 usuarios adestran competencias persoais que lles axudan na súa volta á vida en liberdade.

A Fundación Érguete ten un longo percorrido na prisión de Texeiro e no Centro de Inserción Social da Coruña, onde desenvolven unha función fundamental no proceso de inserción laboral dos internos dende fai 10 anos. Este programa carballés nace da necesidade de mellora dese proceso de integración, traballando directamente no seu propio entorno, do seu contexto, para traballar de xeito máis personalizado.

Meu can en Carballo con Erguete 5

”Ademais, este ano parécenos aínda máis preciso debido a toda a carga emocional que supuxo a situación sanitaria”, explica Rosaura Romo. “O feito de que os cans que se utilizan nesta intervención precisaran ser acollidos en algún momento, axúdalles ás persoas usuarias a empatizar e implicarse na súa reeducación”, apunta.

Porque Meli, Alf ou Marni, os animais de Meu Can, son todo amor, e “a metodoloxía tenta crear un vínculo afectivo e emocional entre a persoa usuaria e o can terapeuta fomentando a empatía, con exercicios que se centran no traballo en equipo e a conexión de grupo, a atención, o respeto e a concentración, ademais de exercicios de xestión emocional: autocontrol, tolerancia ou frustración”.

Este taller completarase cunhas sesiones de busca activa de emprego onde os/as participantes actualizarán os seu coñecementos e habilidades no uso dos recursos dispoñibles para traballar na su inserción sociolaboral.

A entidade agradece a colaboración do Concello de Carballo, non só polo pola axuda económica senón por facicilitar o espazo do Horto Infantil Municipal para o desenvolvemento do taller.

Meu can en Carballo

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios