Luns. 29.04.2024
El tiempo

Médicos de toda a provincia reúnense en Carballo

Presentacion encontro Medicos Carballo
Alejandro Ávila (segundo pola esquerda) e Juan Carlos Díaz del Valle (primeiro pola dereita) durante a presentación do encontro cos responsables municipais
Médicos de toda a provincia reúnense en Carballo

Este sábado 18 de novembro, o Pazo da Cultura de Carballo acolle o II Encontro Médico de Bergantiños. Os doutores Alejandro Ávila e Juan Carlos Díaz del Valle traen á comarca este novo evento do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña coa intención de dar visibilidade ao exercicio da medicina na comarca e servir como punto de encontro entre médicos que comparten raíces e intereses comúns.

A partir das 10,30 horas desenvolverase a xornada, que trala inauguración coas autoridades, terá como un dos puntos importantes, unha mesa redonda titulada “Medicina e algo máis que medicina”. Estará moderada polo xerente do Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña, Francisco Vilanova, e nela participarán José González —médico de familia—, Sonia Mosteiro —neurorradióloga—, Manuel Rey —xornalista especializado en ciencia— e Héctor Lema —médico odontólogo—.

Tras unha pausa, ás 13,00 horas retomarase a actividade coa conferencia da cardióloga Marisa Crespo —Medalla de Ouro e Brillantes do Colexio Médico da Coruña—. Despois, ás 13,30, realizarase unha homenaxe póstuma ao pediatra carballés Pedro Tasende Díaz, falecido a comezos deste ano.

A clausura do evento terá lugar ás 14,00, e nela intervirán o xerente da área sanitaria da Coruña e Cee, Luis Verde, e os organizadores. Media hora despois, comezará un xantar de confraternización no restaurante Punta del Este.

Encontro Medicos Carballo

Máis novas

Comentarios