Venres. 26.04.2024
El tiempo

Álex Ávila inaugurou, disfrutando, o San Xoán carballés

alex avila pediatra carballo copia
Álex Ávila inaugurou, disfrutando, o San Xoán carballés

Arrincou onte martes 21 de xuño, canda o verán (aínda que non o pareza) o ambicioso programa do San Xoán. Fíxoo a cuberto, nun ateigado segundo andar o Mercado Municipal, co pregón. Un pregón moi especial, da man do pediatra e director do CHUAC Álex Ávila, unha eminencia na súa profesión que sempre participa nas campañas carballesas con orgullo e satisfacción.

Alex AvilaPregon do San Xoan
Álex Ávila, co alcalde e o presidente da Comisión de Festas

Non quixo perder a ocasión e trala presentación do presidente da comisión de festas, Sergio Varela, de disfrutar o seu momento como pregoeiro, con máis de 20 minutos de discurso. Un discurso cheo de emotividade, que sacou as bágoas a máis dun, pero no que deixou claro que o importante é disfrutar do momento.

Tirando de Neira Vilas e do seu Balbín, quixo recoñecerse nese “rapaz de Carballo, da rúa Ourense, do Alfredo Brañas, un ninguén, que hoxe teño a inmensa horna de estar aquí enriba”. Unha vez superado o “síndrome do impostor”, recoñeceu terse visto en fronte do espello practicando un hipotético pregón, “porque sempre me sentín e me sinto moi querido en Carballo, e non hai demostración que esta”.

Ávila reivindicou a riqueza etnográfica e o patrimonio inmaterial de Bergantiños, e recordou os seus anos de baile galego na escola e da fundación da Asociación Cultural Nemeth, que aínda segue viva, facendo máis completa a activa e inmensa vida cultural da vila. Contou anécdotas da ubicuidade dos carballeses e lembrou os seus avós, tías… e a importancia de escoitar aos nosos maiores, e destacou a empatía familiar, rematando “como a unha filla non se quere a ninguén”.

Pero o máis importante do seu discurso foi transmitir o “afán por disfrutar as cousas boas da vida”.

Tamén alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, falou máis en clave de festa, e de tempo.

Novas relacionadas

Comentarios