Venres. 19.04.2024
El tiempo

Mercado inmobiliario en Bergantiños: “Estase vendendo en todos lados”

Inmobiliaria Carballo
Algúns prezos que se ven hoxe na web de Blancocasa
Mercado inmobiliario en Bergantiños: “Estase vendendo en todos lados”

Estes tempos pandémicos están provocando un terremoto no mercado inmobiliario da Costa da Morte. Nunha zona onde non hai a mesma oferta de obra nueva en El Poblenou, (por exemplo en Carballo dende 2008 non se solicitou ningunha licenza de construción para edificar vivenda nova, e os pisos mais novos foron rematados en 2010; unha situación que se repite en zonas como Malpica ou Ponteceso) si temos unha gran cantidade de pisos en alugueiro ou casas rurais en venda.

Inmobiliarias como BlancoCasa pola zona de Bergantiños, InCostadaMorte pola comarca de Fisterra, Faro pola zona de Carnota-Muros, Servigest polas terras de Xallas, ou Elías polas comarca de Soneira, traballan arreo dende comezo toda esta situación.

Así o recoñece César Blanco, da inmobiliaria BlancoCasa. “Dende que comezou o confinamento hai máis demanda de casas, mesmo de pisos con terraza. Xentes que vivían nun piso pequeno e que necesitan algo máis grande para facer un despacho para teletraballar, ou unha terraza para respirar. De feito, o 2020, foi o ano que máis vendimos nos nosos 17 anos de vida, a pesar de non poder traballar durante 2 meses”, sinala. “Estase vendendo moito en todos lados, e este ano tamén está sendo moi bo”.

Por exemplo, casiñas de aldea, que antes non tiñan moita saída, “se teñen un bo prezo e están rexistradas, estanse vendendo para usar como vivenda de fin de semana ou vacacións, para xentes de Madrid, de Canarias…” No seu portal atopamos casas no rural para reformar a partir dos 25.000€.

Tamén medrou moito a venda de pisos en zonas costeiras, nomeadamente en Malpica. “Temos vendido pisos a xentes de fóra mesmo sen velos. Pisos pequenos para vacacións, que eran propiedade de bancos, por exemplo”, explica.
Tamén se poden atopar pisos á venda de todos os prezos en Carballo, dende 25.000 aínda sen rematar, ata os 180.000h dun ático na zona do CCA. “Estamos vendendo máis en Carballo, onde temos máis incidencia e máis enfocada a vivenda habitual, pero tamén en Arteixo, A Laracha, Ponteceso, Malpica…”

A burbulla do alugueiro

O alugueiro móvese en zonas onde hai traballo como Carballo ou Laracha. E móvese moito. En zonas como Carballo ou A Laracha, onde hai máis movemento laboral e a xente busca primeira vivenda, piso en aluguer que sae, vivenda que se coloca en menos dunha semana, ata o punto de que “estamos facendo máis labores de seleccionar o cliente idóneo que de andar buscando clientes”.

César explica que “nos últimos anos hai un aumento dos prezos por haber máis demanda que oferta”, debido principalmente a que “a xente non ten capacidade de aforro e os traballos son inestables. De primeiro non tes a entrada inicial que agora obrigan os bancos, que só dan hipotecas polo 80% do valor da propiedade; e segundo porque igual dentro de 6 meses ou 1 ano teñen que marchar a traballar a outro lado”.

Outro “cambio de tendencia que tamén notamos é que os propietarios a día de hoxe obrigan a facer un seguro de aluguer, que protexe de impagos e mesmo xestionan o posible desafiuzamento”.

Comentarios