Música, maxia, circo e danza na 20ª edición do Verán Cultural carballés
12:03 09/07/21
Xa nos deron pistas de como vai vir o verán por Carballo co programa de Noites de Cine e o programa arredor de Razo-Baldaio. Pero o Verán Cultural carballés vai máis alá, como debullaron onte o concelleiro de Cultura, Marcos Trigo, e o alcalde, Evencio Ferrero. Un progama con 20 anos de idade, que este 2021 chega con actuacións de maxia, circo, danza, cine e moitísima música para disfrutar este verán na vila.
O programa está pensado para todas as idades, con espectáculos de balde, con aforo limitado e medidas sanitarias, que ten como obxectivo dar a coñecer as propostas locais e galegas.
Programa
- Venres 9 de xullo, ás 22.00 h na Rúa Jacinto Amigo: CINE: "A GALIÑA TURULECA” (Todos os públicos).
- Xoves 15 de xullo, ás 22.00h na Praia de Razo: CINE: "A ILLA DAS MENTIRAS" (para maiores de 12 anos).
- Venres 16 de xullo, ás 20:30h na rúa Jacinto Amigo: MÚSICA Tradicional: XACARANDAINA.
- Xoves 22 de xullo ás 20.30 h na rúa Jacinto Amigo: MÚSICA: BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE BRIÓN.
- Venres 23 de xullo ás 20:00h na rúa Jacinto Amigo: MÚSICA: "A BANDA DO VERÁN" (todos os públicos.
- Xoves 29 de xullo na Praia de Razo (8 sesións: 13.00 / 16.00 / 17.00 / 18.00 / 19.00 / 20.00 / 21.00 / 22.00): MAXIA: MAGO ANTÓN.
- Xoves 29 de xullo, ás 20:00h na Rúa Jacinto Amigo: MÚSICA: LA CREMA.
- Venres 30 de xullo, ás 22.00 h na rúa Jacinto Amigo: MÚSICA: BUDIÑO&NOVOA.
- Venres 6 de agosto, ás 20:00h na Rúa Jacinto Amigo: CIRCO: CIRCO CHOSCO
- Venres 6 de agosto, ás 22.00h, no Aparcadoiro do Pazo da Cultura: MÚSICA: BAIUCA.
- Xoves 12 de agosto, ás 22.00h na Pedra do Sal-Baldaio: CINE: "SPIDER-MAN: Lonxe da casa" (maiores de 7 anos).
- Venres 13 de agosto ás 22.00 h na rúa Jacinto Amigo: MÚSICA: MARAYA ZYDECO.
- Xoves 19 de agosto ás 22.00 h na rúa Jacinto Amigo;: CINE: "Ons" (Maiores de 12 anos).