Martes. 12.11.2019
El tiempo

Nace o círculo feminista de Carballo

Nace o círculo feminista de Carballo
circulo-feminista-carballo O pasado luns celebrouse no Casino de Carballo o primeiro encontro do círculo feminista Unhas corenta persoas xuntáronse o pasado luns no recén renacido Casino 1889 no primeiro dos encontros do círculo feminista de Carballo. No encontro pariciparon principalmente mulleres de todas as idades e algún que outro representante do sector masculino. Na reunión explicáronse os obxectivos e expectativas ao redor desta iniciativa e puxéronse en común experiencias sobre a forma de ver e entender o feminismo, enfatizando a necesidade de crear un espazo seguro, de apoio e de irmandade. O encontro tivo tanto éxito que xa se fixou a seguinte asemblea para a primeira semana de xuño, coa intención de facer unha introdución histórica ao movemento feminista, xunto cunha aproximación á súa terminoloxía específica. Así, o pasado 22 de maio quedou sinalado xa como un día histórico para o movemento feminista de Carballo.

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios