Venres. 19.04.2024
El tiempo

Este Nadal, Agasalla Carballo

Tarxeta Agasalla Carballo por nadal
Este Nadal, Agasalla Carballo

Este Nadal, varias entidades aproveitan para reivindicar o comercio local. Unha defensa que nos implica a todos os que consumimosnas grandes superficies, esquecendo que comprar no comercio local fai comarca.

Nesa liña vai a a campaña de promoción do comercio local "Agasalla Carballo", con premios, actividades, arte, decoración e ilusión entre o 13 de decembro e o 5 de xaneiro

O programa xira arredor de tres eixos principais:

  • a campaña no comercio local para incentivar as compras que conta de novo cun apoio masivo con 100 marcas participantes (102 comercios);
  • alternativas para o tempo de lecer de nenos e adultos tanto na rúa como no Mercado Municipal;
  • e este ano, tamén con novos elementos decorativos para axudar a vestir a vila de Nadal.

Unha vez máis, o núcleo da campaña Agasalla Carballo é o comercio. Comprar en Carballo sempre compensa! Nesta ocasión as 100 tendas participantes reparten tarxetas entre as e os compradores. Por cada 20 € de compra, veciñanza e visitantes recibirán un selo nesa tarxeta para poder acceder aos diferentes premios. Ao xuntar cinco selos de cinco comercios distintos, éntrase no sorteo de 4 paquetes para 3 persoas cada un de aloxamento e entradas á Warner ou a Port Aventura. Pero non é o único agasallo por recibir os cuños:

listaxe_comercios do Agasalla Carballo por Nadal

Comentarios