Venres. 03.05.2024
El tiempo

De Ninghures gaña o premio aRi[t]mar á Mellor Música do Ano en Galicia

De Ninghures no Festival dos Medios en Galego 2024 2
De Ninghures no Festival dos Medios en Galego
De Ninghures gaña o premio aRi[t]mar á Mellor Música do Ano en Galicia

Tiñamos tres bandas vinculadas coa nosa comarca entre as candidatas. E finalmente, a gañadora do premio á Mellor Musica do Ano en Galicia dos Premios aRi[t]mar é a banda compostelá (e da Fonsagrada) De Ninghures. Unha honra para a Costa da Morte porque un dos seus membros é o bergantiñán Hadrián García, membro do colectivo Escola do Alprende e gran axitador do tecido tradi costeiro.

Foi esta unh edición moi importante para estes premios artellados pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela que tratan de tecer pontes entre Galicia e Portugal a través da música e da poesía. De feito, nesta novena edición, o certame volveu bater a súa propia marca de participación cun total de 9850 votos, cifra que supón máis dun 40% de incremento con respecto á edición anterior.

Neste caso, o público de aRi[t]mar acordou que Morena, de De Ninghures, fose a Mellor Música do ano 2023 na Galiza. O tema, estreado en outubro de 2023, alén de ser un dos máis bailables da banda, é boa mostra das confluencias que se dan nesta agrupación. Neste caso, as de tradición galega e as de electronic dance music
O dúa costeiro Caamaño&Ameixeiras e Mondra, completaron o podio cos temas Ai de Min e Ardén, respectivamente. Quedou un pouco máis abaixo o Fai Tempo dos The Rapants.

No caso do territorio luso, o tema elixido como Mellor Música do ano 2023 en Portugal é Na Escola, da banda coimbrán Os Quatro e Meia. Agrupación formada por seis músicos que ten a súa orixe nunha xuntanza universitaria aló polo 2013. Practican unha música que poderiamos definir como pop-rock, con tendencia a cancións lentas e emotivas, alta presenza do piano e mais outros elementos como as seccións de corda.
 

Máis novas

Comentarios