Luns. 29.04.2024
El tiempo

De Ninghures, The Rapants e Caamaño&Ameixeiras optan á Mellor Canción galega do ano nos premios ari(t)mar

De Ninghures-Caamano Ameixeras e The Rapants Premios Aritmar
De Ninghures, The Rapants e Caamaño&Ameixeiras optan á Mellor Canción galega do ano nos premios ari(t)mar

Estamos nun dos mellores momentos da historia da musica da Costa da Morte. Así o representa o feito de 3 dos 10 finalistas á Mellor Canción Galega do Ano no marcos dos premios Ari(t)mar son da nosa comarca. Ao carón de grandes nomes da escena pangalaica como Mondra, Ataque Escampe, Grande Amore ou Ruxe Ruxe, atopamos 3 bandas da Costa da Morte participando neste proxecto que trata e unir Galiza e Portugal a través da lusofonía.

A banda compostelá De Ninghures, da que forma parte o carballés Hadrián García, parte co seu tema Morena.

Paralelamente, o dúo Caamaño&Ameixeiras, formado por Sabela Caamaño e pola baiesa de Soesto Antía Ameixeiras, participa coa súa canción “Ai de min”.

E pecha o trío os muradáns The Rapants que lanzan, co corazón roto, o seu “Fai tempo”.

Xa podes pasar a votar por aritmar.gal, e temos sorte, porque para votar podes facelo por 3 temas, xa o tes feito!

Máis novas

Comentarios