Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Nova edición de Youtubeir@s, a comunidade creadora galega na rede

Presentacion de Youtubeiros
Imaxe da presentación da 3ª edición do proxecto Youtubeir@s
Nova edición de Youtubeir@s, a comunidade creadora galega na rede
Nova edición de Youtubeir@s, a comunidade creadora galega na rede

Subir vídeos é galego á rede para ennobrecer a nosa lingua. Este é o obxectivo do proxecto Youtubeir@s, unha iniciativa organizada polos servizos de normalización lingüística de varios concellos galegos, entre os que se atopa Carballo, ademais das universidades da Coruña, Santiago e Vigo e da Deputación da Coruña.

“Consolidar a comunidade creadora galega na rede” é a intención desta terceira edición, que chega baixo o lema 'Conéctate á comunidade e multiplícate!’. Un proxecto para fomentar o galego en Youtube a través dun certame, campañas de difusión e cursos de formación.

Onte tiña lugar a presentación na que se lembraron diferentes cifras ao respecto das dúas edicións anteriores. máis de 380 persoas (de entre 18 e 80 anos) acudiron aos cursos de formación e que ao abeiro do proxecto se produciron máis de 2.000 minutos de contido en galego en Youtube. Ademais, máis  400 persoas participaron xa nas dúas edicións dos Premios Youtubeir@s,

Este ano sube a contía dos premios, que ascende a 6.500 euros nesta terceira convocatoria. A cifra repartirase nos galardóns das categorías nas que se divide o certame: vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle e vídeo-cantarmos.

Precisamente, esta última categoría musiqueira é a gran novidade deste 2019 e con ela recoñecerase e incentivarase o gran talento musical que está presente en Youtube.

Ademais premiaranse os vídeos que destaquen en creatividade, eficiencia comunicativa, calidade técnica e calidade lingüística. E como non, o premio do público, chamado #propostayoutubeira.

Este ano, amplíase o prazo de inscrición, que abre o 13 de febreiro, e remata o vindeiro 27 de setembro.

Formación

Outro dos piares do proxecto é a formación, centrada en cursos e obradoiros destinados principalmente á comunidade educativa. Serán impartidos un ano máis pola produtora Illa Bufarda e coa incorporación ao corpo docente da actriz Laura Villaverde, coñecida por ser a youtubeira Chola, It Girl; ou Marga Rodríguez Tilve, comunicadora audiovisual e youtubeira en As Cousas do Choio.

Youtubeir@s en conexión

Para darlle visibilidade aos creadores, faranse no mes de xuño na Coruña dous grandes eventos. O primeiro deles, baixo o nome de Lista de reprodución ao vivo, no que diferentes youtubeir@s compartirán a súa experiencia coas persoas asistentes que irán cambiando dun a outro como quen cambia de vídeo na Rede.  
O segundo deles será a Xornada para Youtubeir@s, na cal se convoca a comunidade youtubeira galega para reflexionar sobre o panorama creativo a varios niveis (lingüístico, temático, creación de públicos), de xeito que se propicie un lugar de reflexión e conexión para tecer redes e, ao tempo, fortalecer a comunidade entre as persoas creadoras.  

Novas relacionadas

Comentarios