Venres. 29.03.2024
El tiempo

Novas datas para o Orballo Cultural no Forum Carballo

Concertos Carballo Orballo Cultural
Novas datas para o Orballo Cultural no Forum Carballo

Despois de ter que cancelar os concertos programados en Carballo para a fin de semana do 26 e 27 de xuño por culpa das malas condicións meteorolóxicas, Orballo Cultural vén de anunciar as novas datas para ditos eventos.

Serán na primeira fin de semana de setembro, venres, sábado e domingo, e se celebrarán no Fórum, como estaba programado antes da cancelación.

O cartel será o mesmo, con SES e Dj Russinha o venres a partir das 19:00, Verto (cos que falabamos hai unhas semanas) e Dj Maikel (o noso picadiscos) o sábado a partir das 18:00 e Tanxugueiras (coas que falabamos tamén hai pouco) e Sheila Patricia o domingo a partir das 12:00.

As entradas compradas para o evento adiado serán válidas para estas novas datas, aínda que os que a teñan tamén as poderán devolver contestando ao mail que a organización lle enviou nestes últimos días. Ademais, todo aquel que non teña aínda entrada e queira collela, as ten dispoñibles en www.orballocultural.gal 
.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios