Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Orballo Cultural escolle outra ubicación costeira máxica: A Carballeira de Baio

Os eventos de Malpica desta fin de semana serán de balde.
Orballo Cultural en Baio
O Orballo Cultural escolle outra ubicación costeira máxica: A Carballeira de Baio

Bendito Orballo Cultural que segue enchendo a Costa da Morte de eventos musicais. O Festival de raíces muxiás, ademais de levar a música por todo o país, estanos ofrecendo a posibilidade de sermos uns privilexiados na materia. Despois do fermoso show de Portocubelo, e mentres esperamos para ver a Verto e compañía no Forum, esta fin de semana, por exemplo, temos triple cita no Santo Hadrián de Malpica.

Pero a cousa continúa, e o Orballo nos prepara outra cita noutra localización máxica, desas que forman parte do espectáculo. A Carballeira de Baio acolle a derradeira fin de semana de xullo un evento de dous días que contará coa presencia de Ukestra do Medio e The Rapants o sábado 31, e con Monolious Dop e DJ Tristón o domingo 1 de agosto.

Así, The Rapants e Monolius Dop repiten concertos logo da excelente imaxe que deixaron coas súas actuacións en Portocubelo, Carnota, o pasado 27 de xuño.

As entradas para ambos días, 31 de xullo e 1 de agosto, xa están a venda na páxina web www.orballocultural.gal.

Eventos en Malpica

En base á incidencia acumulada de casos Covid nos últimos días -e sentíndoo enormemente- , a organización vese na obriga de prescindir da venda de bebidas e comida en todo o recinto.
Non obstante, como mostra de apoio e agradecemento a todas as persoas que mercáchedes entradas para calquera dos tres días, procederase á devolución do importe das mesmas e estas serán DE 
BALDE. De todas formas, hai que recalcar que as entradas que xa tedes seguen a ser VÁLIDAS para asistir e nada muda: só que é gratis.
Ademais, animámosvos a que reserve des entradas para a sesión vermúdo domingo 11 de xullo, pois aínda quedan prazas libres. O proceso serácon reserva previa e 0€. 
Para efectuar a reserva de praza-IMPORTANTE- debes entrar en www.orballocultura.gal

Novas relacionadas

Comentarios