Novo rueiro para Carballo



Sempre é importante ter un bo mapa informativo, para veciños e visitantes. E Carballo vén de actualizar o seu rueiro, que xa se pode conseguir na na Oficina de Información Turística - Museo de Bergantiños e nos edificios municipais e tamén se pode descargar en turismocarballo.com.
Trátase dunha actualización na que se engaden todas as áreas de estacionamento da capital municipal -incluídas as máis recentes-, e na que se reflicten novos datos como todos os servizos que ofrece o Fórum Carballo -sinalando a presenza das dependencias da Xunta e do INEM- ou a localización da nova sede da Policía Nacional para renovar o DNI no edificio da Casa do Concello.
O Mapa conta cun código Qr, e unha parte adicada ás panadarías incluídas na marca Pan de3 Carballo, ademais de ter unhaboa disgregación dos establecimentos turísticos.