domingo. 08.06.2025
El tiempo

O boletín O Anllóns xa está na rúa e na rede

O boletín O Anllóns xa está na rúa e na rede
Boletin O Anllons do BNG de Carballo

O n´º 35 do boletín do BNG de Carballo, O Anllóns, xa está na rúa. E na rede tamén o podedes ler. O grupo de goberno da capital bergantiñá fai balance da súa xestión municipal no boletín repartindo máis 2.000 exemplares en todo o municipio (o pasado domingo fixo unha distribución masiva na feira carballesa), e ademais o publica abertamente en internet.

O alcalde, Evencio Ferrero, destacou que “os cidadáns teñen dereito a coñecer o traballo dos grupos políticos”, e que a publicación é financiada integramente polo BNG. “Entendemos que así ten que ser, que cada grupo debe costearse as súas publicacións”, argumentou.

O número 35 de O ANLLÓNS presenta un novo deseño, moi gráfico, no que destaca a ilustración das páxinas centrais: un carballo, a árbore que identifica ao municipio, que serve como soporte para destacar algúns dos grandes retos acometidos polo BNG nestes dez anos de goberno. Evencio Ferrero, que estivo acompañado pola práctica totalidade do grupo municipal do BNG, incluídas a concelleira saínte Silvana Castro e a súa substituta, Inés Rodríguez Muíño, agarda que o boletín, que recolle a grandes trazos o traballo desenvolvido nas distintas áreas de goberno, sexa ben acollido pola cidadanía e que lle permita valorar o traballo desenvolvido e facer as súas achegas.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • BNG de Carballo.

Comentarios