sábado. 15.03.2025
El tiempo

O Carballo por Etapas abre un mes repleto de actividades

O Carballo por Etapas abre un mes repleto de actividades
carballo_por_etapas_2018 Evencio Ferrero e Xosé Regueira, acompañados por unha representación dos locais participantes, presentaron hoxe o Carballo por Etapas A 6ª edición do Carballo por Etapas - que este ano coincide co Rexenera Fest - arranca este venres abríndolle a boca a un repleto mes de actividades dinamizadoras da economía local impulsadas desde o concello de Carballo. “Agardamos que o mes de xuño, no que todo xira arredor do San Xoán, sexa especial para todos os sectores económicos, e sobre todo para o sector da hostalaría”, manifestou o alcalde, Evencio Ferrero. Na mesma liña, o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, expresou o seu desexo de que esta confluencia de actividades “sirva para darlle músculo ao sector”. Evencio Ferrero e Xosé Regueira estiveron acompañados por unha ampla representación dos 18 locais polos que discorrerá a sexta edición de Carballo por Etapas: A Barra Bar, A Nova Ferradora, A Nova Tasca, Cafetería Bar Embajador, Cafetería Bar Ginebra, Cafetería Habanos 79, Cervecería Ágora, Cervecería La Bombonera, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Mio Fratello, Oasis Restaurante-Vinoteca, Restaurante El Hórreo, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna O Mexillón, Trattoría Pizzeria Vesuvio e A Cova. Tamén participaron no acto algúns dos colaboradores, que reiteraron o seu apoio á iniciativa. Cambios Este ano hai algúns cambios. Entre eles destaca que cada local ofrecerá dúas tapas cada fin de semana. Na primeira, unha delas deberá ter como ingrediente o atún, xa que Calvo volve a colaborar achegando conserva. Os clientes recibirán con cada tapa un rasca co que poderán obter premios directos. Este ano repartiranse 640 mochilas, 600 fundas de móbil, 700 libretas, 20 abridores, botellas de viño doadas por Bodegas Carballo, Distribuciones Cotelo, Disboa e Xinerxia Alimentaria, un xogo de copas cedido por Proquiber e tapas gratuítas que achegan os propios locais. O prezo das tapas nesta sexta edición será de 2 euros. Pero tamén hai cousas que se manteñen, coma os horarios (venres de 20:00 a 22:00 horas e sábados e domingos de 12:00 a 14:00 e de 20:00 a 22:00) ou a presenza do tren, grazas á colaboración do concello de Cabana de Bergantiños. O tren circulará os venres de 20:00 a 21:30 horas e as fines de semana, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:30, aínda que será preciso modificar os horarios o sábado 26 de maio e o domingo 3 e xuño pola coincidencia doutros eventos. O horario de funcionamento será máis amplo ca en anos anteriores e ademais haberá dúas rutas diferenciadas con parada nos locais participantes. O punto de saída será a rúa Desiderio Varela cunha frecuencia de 30 minutos, aproximadamente.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios