Martes. 17.09.2024
El tiempo

O PP de Carballo reclama melloras na estrada da praia de Razo

O PP de Carballo reclama melloras na estrada da praia de Razo
No próximo pleno municipal de Carballo, os representantes do Partido Popular presentarán unha moción a través da cal instarán ao goberno local a que demande á Deputación da Coruña a mellora da estrada DP-1902 que une Carballo coa praia de Razo. Os populares aseguraron que esta estrada é un dos trazados máis perigosos do concello, e indicaron que son “innumerables” os accidentes ocorridos neste trazado “O deseño, cheo de curvas, algunha delas moi pronunciadas, condiciona moitísimo a velocidade e a atención do condutor, provocando que un despiste leve consigo caer por algún monte ou bater cunha árbore”, apuntan os populares. Así mesmo, os populares incidiron na importancia de contar cunha estrada “digna” ata a costa. “É de vital importancia non so para os veciños de Razo e Oza, senón para todos os carballeses e persoas doutros concellos limítrofes que frecuentan esta praia”, dixeron. Neste sentido, desde o PP de Carballo destacaron o “importante impacto” que a praia de Razo ten no turismo da comarca, un feito que “obriga a darlle á estrada o prestixio que se merece”. Ademais, os populares recordan que no último consello parroquial de Razo, o alcalde, Evencio Ferrero, escoitou a preocupación dos veciños asistentes sobre esta gran necesidade, e comprometeuse con eles a comezar cos contactos para solicitar á Deputación a execución deste novo trazado. Novas relacionadas Fonte

Comentarios