Mércores. 11.09.2024
El tiempo

O verán carballés pechou cun falecido, 6 salvamentos e 391 persoas atendidas

O verán carballés pechou cun falecido, 6 salvamentos e 391 persoas atendidas
Un falecido no veran carballes Un falecido no verán carballés Completo o balance que presenta a Concellaría de Praias da Unidade de Salvamento Acuático para as praias do Concello de Carballo. Un balance que deixa como dato máis salientable, os 6 salvamentos e as 391 persoas que tiveron que ser atentidas nos postos de socorrismo. Foi Javier Souto, responsable de Protección Civil, o que lembrou o falecemento dun veciño de Imende, que sufriu unha parada cardíaca, e lembrou que ata a vindeira campaña as praias están “oficialmente pechadas ao baño”, polo que aconsella “extremar precaucións”. Outro aspecto negativo ao que aludiu é a dificultade para cubrir as prazas de socorristas, o que impide estender o servizo ás praias de Leira e Arnela. “Levamos dous anos intentándoo, pero por circunstancias alleas á nosa vontade non podemos, porque sen xente non é posible. Polo tanto, temos que centrarnos onde está o 95% dos usuarios”, explicou. Pero o informe trae moito máis que estes datos dunhas praias cada día máis cheas gracias á práctica do surf. Este verán as praias carballesas estiveron máis cheas que nunca Miguel Vales, resposable da área, recoñece que Carballo “procura a excelencia nos servizos”, e aludindo á recente renovación de dous dos certificados máis esixentes da Unión Europea -EMAS e ISO 14:001- á hora de facer balance da temporada estival, do mesmo xeito que destacou que nas 61 analíticas realizadas entre o Concello de Carballo e a Consellería de Sanidade as augas de baño acadaron a cualificación de excelente, polo que agarda que, de cara ao vindeiro ano, poida retirarse o cartel que este verán desaconsellaba o baño na desembocadura do rego de Arnados. Desde o punto de vista medioambiental, a campaña que vén de rematar tamén estivo marcada pola convivencia coa píllara das dunas, unha especie protexida que obrigou a establecer un sistema de limpeza manual entre o río de Arnados e a desembocadura da ría de Baldaio.

Os Salvamentos

Estes foron os operativos de Salvamento deste verán: O 17 de xuño procedeuse ao rescate dun rapaz con bodyboard na zona do Posto de Razo e outro salvamento na zona de Teirón (Razo) dunha nena pequena que levaba un flotador, estaba co seu pai e os dous metidos nos pozos. Tamén o 17 realizouse un salvamento en Pedra do Sal: preamar e marexadilla, o bañista atopouse con dificultades para sair da auga debido á corrente de resaca. Un día despois, o 18 en Razo, houbo un episodio de vandalismo. coa queima duns contenedores na zona do Naútico e roubo da corda do mástil na explanda. O día 21 de xullo realizouse un salvamento en Razo: forte corrente hacia Teirón que arrastrou ao bañista fóra da zona de baño, polo que houbo que intervir para sácalo. Na madrugada do día 23 en Razo, varios desperfectos: cristais rotos, botellas de alcohol tiradas (festa con botellón). O día 25 salvamento na zona do Posto de As Saíñas: unha señora que se alonxou un pouco da zona de baño e necesitou axuda para sair da auga. En agosto non houbo incidencias destacables, e xa o 6 de setembro na Praia de Arnela – Baldaio (zona non controlada), sucedeu o episodio máis negro do verán. Un accidentado era sacado da auga por un usuario da Praia que estaba a practicar RCP cando chegaron os socorristas de As Saíñas ás 12:00 h. Realizaron RCP asistida de DESA ata ás 12:15 h que chegou o 112. O accidentado en ningún momento presentou sinais de consciencia e en ningún momento o DESA realizou descarga. Ás 12:20 h o 112 declaraba falecido ao accidentado.

Fonte

  • Concello de Carballo.

Comentarios