Marcos Lorenzo desvela no Espiral Maior Foro desvélanse cantos lugares comúns absurdos usan os nosos políticos
19:21 27/11/25
Este venres, día 28 de novembro, ás 20:00 h., terá lugar en Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34) a presentación do libro “Obras públicas”, do que é autor o economista e antropólogo Marcos Lorenzo.
Participarán no acto, ademais do autor, a poeta, escritora e profesora Rosalía Fernández Rial e o sociólogo e crítico teatral Santiago Pazos.
“Obras públicas” é unha escolma de textos de Marcos Lorenzo publicados en diferentes revistas, blogues e folletos entre os anos 2006 e 2015, unha sorte de apuntes ao natural sobre temas tan variados como a noción de liberdade, o fútbol, deus, a ciencia, o tabaco, a prensa ou a memoria, e sempre desde unha mirada antropolóxica non exenta de humor. Ao longo das súas páxinas desvélanse cantos lugares comúns, perfectamente absurdos ou insignificantes, empregamos no noso pensamento cotián ou no debate público.