Venres. 26.04.2024
El tiempo

A oficina do DNI de Carballo tramitou menos da metade de pasaportes durante o 2020

A oficina do DNI de Carballo tramitou menos da metade de pasaportes durante o 2020
Oficina DNI Carballo
Oficina do DNI de Carballo
A oficina do DNI de Carballo tramitou menos da metade de pasaportes durante o 2020

Un total de 11.855 veciños e veciñas da comarca de Bergantiños, e doutros puntos da contorna, non tiveron que desprazarse ata a Coruña para tramitar o DNI ou o pasaporte. Esa é a cifra de trámites que realizou este 2020 a Unidade de Estranxeiría e Documentación da Policía Nacional, que ten a súa sede na planta baixa da Casa do Concello de Carballo. Unha cifra que supón un 17% menos que o ano anterior, xa que que estivo pechada durante o mes de abril. Foi a cifra de pasaportes a que máis descendeu, reducíndose menos da metade (de 2.857 a 1.252), como consecuencia da caída en picado das viaxes.

En marzo faranse 4 anos dende a posta en marcha desta oficina permanente, sendo xa máis de 50.000 os documentos tramitados.

Os interesados poden pedir cita previa en www.citapreviadnie.es pois a renovación é unha das excepcións ás restricións de mobilidade vixentes dende hoxe no concello carballés. Abonda con presentar o xustificante da cita que se envía a todas as persoas usuarias ao teléfono móbil. A oficina, situada na planta baixa do Concello, está aberta de luns a venres de 08.30 a 14.30 horas.

Novas relacionadas

Comentarios