Os Bombeiros apagan a tempo o lume nun alpendre carballés antes de que afecte aos animais

10:51 28/03/18

Enésimo incendio urbano neste comezo do ano. Desta volta acontecía no lugar da Rega, en Bértoa, Carballo, onde a pasada madrugada de martes a mércores, arredor das 1:30h, prendía un alpendre, afectando o lume á totalidade do inmoble.
Mentres os Bombeiros de Carballo procedía coa extinción, contendo o lume para que non se estendera ao alpendre do lado, onde estaban os animais, colapsaba parte da estructura (tellado e unha das paredes).
Finalmente solventaron a actuación os Bombeiros sen feridos (nin persoas nin animais), pero con serios danos materiais.
Incendios nos últimos tres meses
- 24-03-18: Outro incendio nunha vivenda carballesa.
- 14-02-18: A rápida intervención evita grandes problemas tras un incendio nun bar de Muxía:
- 10-02-18: Novo incendio nunha vivenda, en Muros.
- 07-02-18: Un cadro eléctrico provoca o enésimo incendio nunha vivenda.
- 05-02-18: A Piroga rexistra o décimo incendio nunha vivenda dos últimos dous meses.
- 31-01-18: Sofocado un incendio nunha vivenda de Berdeogas
- 22-01-18: Novo incendio nunha vivenda en Camariñas
- 08-01-18: Novo incendio dunha vivenda en Carnota:
- 04-01-18: Veciños e un Garda Civil evitan que o lume chegue a unha vivenda en Muxía.
- 02-01-18: Evacuada por intoxicación na Ponte do Porto tras unha fuga de gas.
- Decembro 17: Controlan a tempo unha fuga de gas en Cee:
- Decembro 17: Unha familia de Panchés tivo que ser ingresada por unha intoxicación por monóxido de carbono na súa vivenda.
- Decembro 17: Trasladan en ambulancia a unha persoa que sufría un ataque epiléptico por posible intoxicación con monóxido de carbono nun garaxe.
- Decembro 17: Trasladan a unha persoa despois dun incendio na súa vivenda en Carballo.
Outras novas
- Decembro 2017: Os Bombeiros de Cee quedan sen camión de altura.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).