luns. 09.06.2025
El tiempo

Os escaparates e as terrazas dos comercios de Carballo teñen vida propia

Os escaparates e as terrazas dos comercios de Carballo teñen vida propia
Alguns dos escarates e terrazas de Carballo-Fotos-Turismo Carballo

Onte soubemos os gañadores do concurso de escaparates e de terrazas do Concello de Carballo. Unha proposta que tamén desenvolven en Vimianzo para dinamizar o pequeno comercio da vila e que ademais serven para darlle cor ás rúas. I é que Carballo é unha vila eminentemente comercial e hai que coidalo.

No concurso de escaparates, o primeiro premio foi para a tenda Mar de Encuentros. En segundo lugar quedou a floristería Deva, e o terceiro e o cuarto premio foron, respectivamente, para a zapataría Zocas e a tenda de moda A Fragua de Mo.
No certame de terrazas, a mellor valorada foi a da mítica taberna O Mexillón, situada na céntrica casa na que naceu Alfredo Brañas. En segundo lugar, quedou a cafetaría El Patio. O xurado non considerou pertinente conceder un terceiro e un cuarto premio.

Tendes toda unha Galería no Facebook de Turismo Carballo dos escaparates participantes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios