mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Comercio de Vimianzo está moi vivo na rede e nos escaparates

O Comercio de Vimianzo está moi vivo na rede e nos escaparates
Concurso de escaparates a traves do FB de Comercio de Vimianzo

O Concello de Vimianzo segue interesado en apoiar o pequeno Comercio de Vimianzo, tratando de que o consumidor local aposte polas tendas que ten próximas e tamén pola competitividade de cada negocio. Para iso, neste Nadal, emprendéronse as seguintes accións, que tratan de involucrar os negocios.

Así, por exemplo, a comezos de mes os hostaleiros vimianceses puideron escoitar as verbas do carballés Manuel Pan, de Abertal Comunicación, nunha charla sobre redes sociais para o Comercio.
Ademais, persoal do concello percorreu os establecementos que manifestaron o seu desexo de participar na campaña para fotografar produtos que poden ser obxecto de regalo nestas festas. O fin é elaborar un catálogo virtual que facilmente se poida distribuír nas redes sociais e que achegue ideas aos consumidores de diferentes xeitos: por destinatarios, por materia, etc. Son 9 os establecementos que decidiron participar neste catálogo, que se está elaborando.

Pero probablemente a iniciativa máis salientable, que xa o ano pasado tivo unha acollida espectacular é o Concurso de Escaparates. Este Nadal participan 11 comercios, e xa se está facendo divulgación a través das redes sociais e do www.facebook.com/comercio.vimianzo. Estes son os comercios participantes:

  • Arranxos. Reparación de calzado.
  • Mobles Ciriaco.
  • Floristería González.
  • Moblería Orva.
  • Panadería Sampedro.
  • Perfumería e complementos Posse’s.
  • T’Gustas (moda).
  • A Tenda de Ma.
  • Xoiería Victoria.
  • Vístete (moda).
  • Descuento Loco.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios