Martes. 23.04.2024
El tiempo

Os escolares loitan contra a vespa asiática

Os escolares loitan contra a vespa asiática
vespa-asiatica-centros-escolares Varios expertos na loita contra a vespa velutina ofreceron unha charla informativo no colexio Artai de Carballo O concello de Carballo continúa co seu programa informativo sobre a vespa velutina nos centros escolares. Onte foi o turno do alumnado de primeiro e segundo da ESO do colexio Artai que recibiron a visita de Lolo Andrade, técnico de protección civil na loita contra a avespa velutina e un dos principais expertos nesta especie invasora. Na xornada de hoxe, ademais das explicacións de Isidro Rodríguez, encargado do servizo municipal de control de pragas, ou do apicultor José Antonio Pereira, que está colaborando nesta iniciativa, os alumnos aprenderon como protexerse ante un ataque de avespas e coñeceron curiosidades como distintas formas de cociñar avespas en países asiáticos. O obxectivo da campaña escolar sobre a avespa asiática é achegar aos nenos e nenas a maior información posible, e adaptada ás idades de cada grupo, sobre un insecto que está a causar importantes estragos tanto nas poboación de abellas e avespas autóctonas coma na produción de mel e de froita. A iniciativa desenvólvese nestas datas porque son as de menor actividade da velutina (en xaneiro só se retiraron 13 niños e 8 deles carecían de actividade), pero tamén porque en marzo o concello de Carballo, a través do servizo municipal de control de pragas e en colaboración cos apicultores locais, desenvolverá unha intensa campaña de trampeo coa finalidade de reducir a presenza de avespas. Por iso, unha das cousas que se lles ensina aos rapaces e rapazas é como construír unha trampa caseira, para o cal só fai falla unha botella de plástico e un líquido doce. A ruta dos “cazadores de avespas” continuará o día 15 no CEIP Gándara-Sofán, o 19 no Nétoma-Razo, o 20 en Aspaber e os días 26, 27 e 28 no CEIP Bergantiños. Os centros ou entidades interesados/as non teñen máis que poñerse en contacto co servizo de medio ambiente do Concello de Carballo chamando ao 981 704 100.

ovas relacionadas

Fonte

Comentarios