Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Os hostaleiros de Carballo melloran os números da reciclaxe de vidro

Os hostaleiros de Carballo melloran os números da reciclaxe de vidro
Ecovidro en Carballo

Carballo é sen dúbida un dos concellos de Galicia máis comprometidos coa reciclaxe do vidro. Así o demostra o compromiso da hostalería neste tipo de reciclaxe perfecta. E segue aumentando as cifras, como explicaron este pasado venres.

O Plan Verán 2016 posto en marcha por Ecovidro e o Concello logrou reciclar 109.500 quilogramos de vidro durante os meses de xullo e agosto, un 13 por cento máis que no mesmo período do ano anterior. Nesta edición, 85 establecementoun total de 85 establecementos hostaleiros colaboraron coa entidade, un dato importante dada a influencia do sector hostaleiro, que xera o 50 por cento dos residuos de envases de vidro dun só uso. Ademais, a época estival é vital para a reciclaxe de vidro polos altos índices de consumo que se xera deste tipo de envases.

O Plan permitiu instalar 15 novos colectores e entregar 32 cubos aos hostaleiros, ademais de decorar 32 colectores para animar á veciñanza.

Segundo os últimos datos relativos a 2015, os cidadáns de Carballo reciclaron o ano pasado un total de 556.760 quilogramos de vidro, o que supón que cada habitante reciclou de media 17,8 kg, superando a media galega, segundo apunta Fernández. Respecto da taxa de contenerización, Carballo sitúase cunha media de 108 habitantes por colector, contando na actualidade cun total de 289 iglúes para os residuos de envases de vidro.

A campaña ten o seu premio e foi a Cervecería A Troula a acadou un dos cinco premios repartidos en toda España dentro do concurso "Toma nota, recicla vidro", no que os clientes dos establecementos tiñan que puntuar a xestión no bar nunha enquisa realizada online e contabilizada por Ecovidro. A Troula conseguiu máis de 10.000 puntos e o quinto posto. Hai que mencionar que o sexto local tamén era un bar carballés, e que na provincia da Coruña están tres dos cinco premiados de toda España. Zeus Brandón, responsable de A Troula, será o beneficiario dun cruceiro ao Caribe para dúas persoas valorado en 3.000 euros.

Pleno do luns

A corporación carballesa celebra o luns 31 de outubro unha sesión plenaria ordinaria na que un dos principais asuntos da orde do día é a aprobación inicial da Ordenanza reguladora da Administración electrónica municipal do Concello de Carballo. A través da novo servizo, que estará regulado mediante o enderezo web a porta do Concello estará aberta 24 horas 365 días ao ano.

O pleno lerá unha declaración polo Día Contra a Violencia de Xénero, e debatirá unha declaración, presentada pola Afaber (Asociación de familiares de enfermos de Alzheimer de Bergantiños), para que Carballo sexa unha "Cidade solidaria co Alzheimer".

O o pleno remata coa dación de conta do informe de intervención e tesourería de medidas contra a morosidade relativo ao terceiro trimestre de 2016. Nestes momentos, o Concello efectúa o pago de facturas nun prazo de 34,28 días dende a súa entrada no Rexistro e no período entre xullo e setembro pagáronse 1.087 facturas por 1.890.064 euros dentro do período legal; e 703 fóra del por un importe de 314.501,96 euros. Os pagos pendentes dentro do período legal foron 981.747 euros por 575 facturas; e fóra do período legal o importe ascende a 57.130,56 euros.

Novas relacionadas Fonte

Comentarios