Mércores. 11.12.2019
El tiempo

A parroquia carballesa de Noicela, e dúas parroquias da Laracha, entran en corentena pola couza da pataca

A parroquia carballesa de Noicela, e dúas parroquias da Laracha, entran en corentena pola couza da pataca

Xa nos avisaba o alcalde de Coristanco, e profesional do mundo da pataca, que a couza non era un asunto esquecido. Esta fin de semana comprobamos que segue aquí, pois a Xunta publicará nos vindeiros días no Diario Oficial de Galicia (DOG) a declaración pola que dúas parroquias dos concellos da Laracha (Lendo e Caión) e unha de Carballo (Noicela) pasan a formar parte da zonas declaradas como infestadas pola couza da pataca.

Faino despois de detectar tubérculos afectados en almacéns de autoconsumo, polo que Consellería do Medio Rural reforzará a rede sistemática de puntos de trampeo, cunha feromona específica, existente para evitar a propagación deste organismo de corentena ás parroquias lindeiras. Unha consencuencia é que só se poderá comercializar tubérculo embolsado e etiquetado preparado para o consumidor final, precisamente porque o movemento de pataca a granel estará prohibido, igual que no resto de concellos demarcados.

No caso dos comercializadores, para a súa produción aplicaranse outras medidas a maiores, recollidas tamén na mesma normativa entre as que se atopan a instalación de mallas tupidas e de trampas de captura de tecia nos almacéns.

Novas relacionadas

Comentarios