Venres. 11.10.2024
El tiempo

Os pequenos focos, o gran problema da comarca en materia de Prevención de Incendios

13052022 reunion_incendios_Carballo
Os pequenos focos, o gran problema da comarca en materia de Prevención de Incendios

Importante xuntanza informativa a celebrada o pasado venres en Carballo. Persoal do Distrito Forestal, Protección Civil, Policía Local e técnicos municipais celebraron un encontro para preparar as accións no marco do Plan de Prevención de Incendios nas zonas periféricas.

O encontro comezaba analizando datos importantes, que demostran que na zona hai moitos pequenos conatos ou focos. Así o certifican os datos da parroquia de San Xoán Bautista que sufriu en 5 anos de 71 incendios forestais. Curiosamente, o Pladiga recolle que malia ser a parroquia galega na que máis lumes se rexistran, tamén é a parroquia galega con menor superficie queimada: só 8,78 metros cadrados nosmesmos cinco anos. O problema, polo tanto, non é outro que a reiteración deses pequenos focos, e por iso figura entre as 35 Parroquias de Alta Intensidade Incendiaria (PAII) de Galicia.

Aí quere poñer o foco, en clave de preveción, a Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), para tomar medidas concretas de actuación que se levarán a cabo nos vindeiros meses nesas zonas concretas nas que se rexistran lumes de maneira reiterada.

A práctica totalidade destes lumes teñen que ver con actividades das persoas, tanto intencionais coma accidentais. O papel da UIFO é o estudo e seguimento desas parroquias para determinar as causas e motivacións dos incendios e tratar de deter aos presuntos incendiarios.

Comentarios