Venres. 18.06.2021
El tiempo

Unha persoa ferida nun accidente múltiple na AG-55

Bombeiros na AG-55
Unha persoa ferida nun accidente múltiple na AG-55

Eran case as 13:00 da tarde deste pasado luns, cando se rexistraba un accidente no p.q.30 da AG-55 dirección Fisterra. Eran 3 os vehículos implicados, deixando unha persoa ferida, que foi atendida pola de Ambulancia Urxencias Médicas. Ao lugar chegaron tamén os Bombeiros de Carballo, que colaboraron cos sanitarios na extracción da persoa ferida (se ben non estaba atrapada, pero que se queixaba das costas), e nas tarefas de aseguramento do lugar e limpeza da vía, xa que un dos vehículos verteu aceite na vía.

Ao lugar tamén acodiron Garda Civil de Tráfico e Mantemento AG-55.

comentarios