Martes. 19.03.2019
El tiempo

“O principal obxectivo deste concerto é lembrar a Martín"

Jose, Brais, Luis e David forman Kostra da Morte.
Jose, Brais, Luis e David forman Kostra da Morte.
“O principal obxectivo deste concerto é lembrar a Martín"

Unha das bandas máis rockeiras e festeiras da comarca volve esta semana aos escenarios, logo dun pequeno parón. O regreso de Kostra da Morte será este venres na Sala A Reserva de Carballo, onde Jose, Brais, Luis e David presentarán a primeira maqueta do grupo, dedicada ao seu amigo recentemente desaparecido Martín Villar.

  • Cando e como nace a banda?

Foi un día de festa, no festival Castelo Rock de Muros. Jose, Borja e Rokan quedaron de reenganche e foi cando se lles ocorreu facer un grupo.

  • De quen foi a idea de chamarvos así?

Foi idea da nosa amiga Laura, dixo que molaba Kostra da Morte porque somos da Costa da Morte, ainda que algun non estaba moi de acordo nese nome ao principio. Estabamos na Diablita da Coruña, bar onde adoitabamos ir despois de ensaiar.

  • Que xénero musical vos define?

Supoñemos que o rock, pero cada un ten os seus gustos como garage, punk, rock&roll...Neste sentido, temos influencias como Dave Grohl, La Polla Records, The Sonics, Aerosmith, Skidrow, Black Sabbath, Jimi Hendrix...

  • Cantos anos de parón foron?

Debido ao que pasou non tiñamos ganas de volver a tocar, mesmo estivemos pensando en deixalo. Pero de alí a un tempo (un ano, máis ou menos) volvemos a reunirnos por Martin, e comezamos a preparar este Ep Paranoia. O título vén precisamente do título dunha canción Black Sabbath (paranoid) coa cal Martin se identificaba moito coa súa letra. Queríamos sacar algo que quedara para sempre, e recordalo.

  • E despois desta pausa, volvedes para quedar?

Por agora si, pero quen sabe... poden pasar mil cousas.

  • Actuades na Reserva, mítico lugar de concertos hai uns anos na capital de Bergantiños. Porque este bar e non outro?

É o sitio onde máis confianza temos, sempre se portaron con nós de puta madre e sentímonos coma na casa tocando alí.

  • Que ides tocar? Haberá composicións novas?

Imos tocar os temas que tocabamos con Martín, dos cales sacamos as cancións da nova maqueta, algunha composición nova e algunha versión.

  • Porque animariades a xente a ir?

A xente que faga o que queira, que xa o vai facer igual.  Se veñen pasarano ben, pero o noso obxectivo principal neste concerto é recordar a Martín.

Comentarios