Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O PSOE tamén pide no Parlamento a reforma urxente do IES Alfredo Brañas de Carballo

IES Alfredo Branas de Carballo
O PSOE tamén pide no Parlamento a reforma urxente do IES Alfredo Brañas de Carballo

Xa pasou polo Parlamento da man do BNG pero a resposta da Xunta non foi alentadora. Desta volta é o PSOE o que leva ao Parlamento de novo a reforma do salón de Actos do IES Alfredo Brañas de Carballo.

Foi a parlamentaria viguesa Noelia Otero a que urxíu a Xunta as melloras no centro. Os problemas da sala, lamentou, “veñen de longo”, xa que no ano 1997 xa se detectou unha praga de couza na totalidade da madeira e as solucións achegadas naquel momento “non deron resultado”, polo que “o problema quedou latente”. Finalmente, incidiu, o pasado mes de xuño parte do falso teito veuse abaixo como consecuencia da humidade; co cal, “á vista das grandes deficiencias, cómpre unha actualización profunda”, sentenciou.

Pide tamén a reforma da fachada, sen tocar dende 1996, e lembran que o Alfredo Brañas é o decano dos IES carballeses sendo ademais unha “referencia” na provincia que provocou que, a finais dos anos oitenta, acadara unha “sonada masificación”, chegando as superar as 1.200 alumnas e alumnos.

Novas relacionadas

Comentarios