Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Xunta arranxará o salón de actos do IES Alfredo Brañas “cando haxa dispoñibilidade orzamentaria”

Estado do Salon de ACtos do IES Alfredo Branas de Carballo
Así estaba xa en novembro o Salón de Actos do IES Alfredo Brañas de Carballo
A Xunta arranxará o salón de actos do IES Alfredo Brañas “cando haxa dispoñibilidade orzamentaria”

Levaba, como veu denunciando nos últimos meses, o BNG ao Parlamento, a lamentable situación do Salón de Actos do IES Alfredo Brañas de Carballo. E o seu paso polo máximo órgano da política galega ten unha visión moi distinta segundo quen a conte. Para o deputado carballés do BNG Daniel Pérez, “o PP vetou a iniciativa presentada para arranxar o IES”, mentres que o deputado popular carballés Rubén Lorenzo considera que “a Xunta demostrou o seu compromiso co arranxo”.

A realidade é que xa pasaron 9 meses dende que comezaron a caer cascotes do teito do salón de actos polo mal estado das fachadas do edificio, e que por agora nada se ten feito. Todo nun centro que leva máis de 5 anos sen recibir investimentos de relevancia, e que precisa, con urxencia no seu salón de actos, a colocación dun falso teito, a reposición do patio de butacas afectado pola avelaíña e o arranxo do peralte do galiñeiro.

Agora o PP votou en contra da moción do BNG presentando unha enmenda para encargar un proxecto previo e que a obra se leve a cabo “cando haxa dispoñibilidade orzamentaria”.

O que dende o BNG se considera “unha auténtica tomadura de pelo”, para Lorenzo significa “a vontade e compromiso da Consellería de Educación para encargar un proxecto técnico para posteriormente proceder á licitación das obras neste salón de actos”.

Novas relacionadas

Comentarios