Venres. 19.04.2024
El tiempo

“Queríamos levar alegría e esperanza a todas casas e creo que o conseguimos”

Raquel Charlotte
Raquel Rey, propietaria de Charlotte Lingerie
“Queríamos levar alegría e esperanza a todas casas e creo que o conseguimos”

Hoxe, acudimos a unha tenda de lencería cunha vertente especialmente solidaria. Situado no baixo da calle Fomento 9, entramos e recíbenos Raquel Rey, propietaria de Charlotte Lingerie. Nestes tempos tan complicados, esta tenda sumamente especial, encargouse e encárgase, de tender a man a aquelas familias que o precisan así como de levar ilusión aos fogares o pasado Nadal.

 
  • A.G.R.: Como nace Charlotte Lingerie?

Charlotte nace despois dunha desafortunada situación laboral que me deixou duas opcións: unha chorar e a outra sacar algo positivo desa experiencia; así que optei pola segunda. En principio tiña claro que quería enfocarme en feminino e masculino, pero inclineime por meter algo de nenos tamén e barallar todalas opcións.

 
  • A.G.R.: Fálanos un pouco da túa experiencia como emprendedora. Emprenderas con anterioridade?

Siempre tiven claro que quería montar o meu propio negocio. Alá polo 2014 abrín unha tenda on-line de roupa e complementos sen experiencia ninguna, a partir de aí sempre tiven claro que acabaría tendo o meu propio negocio. A día de hoxe, con máis contras contras que pros, dada a situación, aquí estou.

 
  • A.G.R.: Que consello lle darías a unha persoa que acaba de emprender?

O meu consello agora mesmo para calquera que queira emprender e que se asesore ben, que non teña medo e sobretodo que manteña sempre claro o obxetivo, hai que perseguir os soños por máis difícil que se presente todo, que non sexa por intentalo.

 
  • A.G.R.: Charlotte non é unha tenda de roupa ao uso. Cando alguén precisa algo inmediatamente te implicas, fas un chamento á poboación a través das redes sociais para que se volquen coa causa. Por que decidiches axudar a través da tenda?

Creo que non somos conscientes da cantidade de xente que precisa axuda ben sexa para comer, vestir ou incluso para estos nosos cativiños en epocas señaladas como son o Nadal e os Reis. Dende o noso “sofá” costa velo e crelo así que xunto con unha compañeira e amiga, decidimos dividir as tarefas, sobretodo no Nadal que foi cando a miña tenda empezou a dedicar parte do tempo e espazo para axudar tanto con roupa como con xoguetes. Ela, Patricia Sánchez Queaires, traballadora da Nova Ferradora, dedicouse a recoller roupa de tódalas idades e sexo e eu iniciei paralelamente unha recollida de xoguetes para os pequenos, fosen de onde fosen. Queríamos levar alegría e esperanza a todas as casas e creo que o conseguimos.

Unha cousa levou a outra e acabamos collendo unha furgoneta que tan amablemente nos deixaron en Albergan a modo de aportación á causa. Alá fomos cara a Estrada, nós as dúas cargadas de xoguetes, roupa e outros enseres que recolectamos ou incluso compramos para donar e axudar. No camiño tivemos moita axuda: Gus Eirís que implicou ao concello para botarme unha man ao final da campaña, a parella da miña compañeira, súa nai que tantas horas pasou e pasa coa roupa para donar… Tampouco pode esquecerme de persoas como Óscar, Tobías tódolos nosos amigos e compañeiros que prestaron o seu coche, o seu tempo… Quédame moita xente no tinteiro pero todos e cada un deles así como os donantes, son excepcionais. GRACIAS.

 
  • A.G.R.: Cal dirías que é o producto que últimamente máis se está a vender?

Véndese moi ben a lencería femenina, os conxuntos sobretodo, e transparencias. Para os homes, que afortunadamente empezan a ver a tenda como deles tamén, entran sin reparo a comprar, ben sexa para eles mesmos ou para as suas parellas, irmans, nai…etc. Dá gusto ver que a pandemia non pode cas nosas ganas de vernos ben por fóra pero tamén por dentro.

 
  • A.G.R.: Como ves Charlotte en 5 anos?

Vexo Charlotte como unha tenda renovada, moi amplia, con moita variedade dentro do que xa temos. Quen sabe se incluso cunha segunda tenda. O meu obxetivo é claro, espero multiplicar tenda e crecer. Pensar nos meus soños dame forza para non tirar a toalla nestos momentos tan duros pero por sorte, vou recibindo a axuda necesaria par poder seguir.

Entrevistas semellantes

Comentarios