Venres. 29.03.2024
El tiempo

Laracha téndelle a man ao pequeno comercio

Ana de electro AV na Laracha
Ana, de Electro AV
Laracha téndelle a man ao pequeno comercio

O Concello de Laracha lanzou recentemente unha campaña para promocionar e apoiar ao pequeno comercio. A campaña que ten por lema “Téndelle a man ao pequeno comercio” inclúe diversas accións, entre elas a creación de pequenos vídeos, nos cales os clientes lle poñan cara ás persoas que levan os negocios, coñezan de primeira man os productos ou servizos que ofertan e perciban a diferenza que supón para o crecemento da economía local que efectúen as súas compras nos comercios larachenses. Ademais dentro da campaña están previstas a ensinanza de estratexias de fidelización do cliente, promoción e uso de redes sociais do comercio e preparación dunha experiencia de usuario completa, é dicir, aquela que nace coa petición do artigo por parte do usuario e remata coa recepción do artigo solicitado en tempo e prazo. Incidirase especialmente na dixitalización e na importancia de vender online.

Unha das participantes na campaña, Ana, que dirixe a tenda de iluminación Elector AV (situada na Avenida de Fisterra 62) implementou o e-commerce no seu modelo de negocio e está contenta co resultado, pois permitiulle chegar a clientes aos que doutro xeito lle resultaría imposible acceder. Recibe pedidos dende distintos países, entre eles Marrocos. Na súa tenda física podemos atopar todo tipo de lámpadas( decorativas, de pé, de teito, de parede, acrílicas con luz e burbullas…), flexos e artigos de iluminación que lle outorgan a cada habitación un toque máis moderno ou máis clásico, en función dos tipos de estancias dos que falemos. Ana vende ademais sistemas de calefacción, climatización e extracción e pequenos electrodomésticos, podedes atopar máis información vistando a súa páxina web.

Maria de Lenceria Maria na Laracha
Lencería María

Outra das participantes na campaña é María, que rexenta un dos negocios máis coñecidos de Laracha, Lencería María. María cóntanos que o negocio leva asentado en Laracha dende hai máis de 20 anos. No local podemos atopar ropa interior tanto de home como de muller así como batas e pixamas. A propietaria cóntanos que este ano un dos agasallos que máis se está a demandar son os pixamas. Dende hai un ano, María en aras de ofertar un maior número de productos, María decidiu vender tamén bolsos, roupa e complementos. Nos seus estantes locen bolsos moi variados en canto a cor, tamaño e estilo. En canto á roupa, os vestidos expostos teñen detalles que os fan especiais, dende os que contan con pedrería ata os que destacan con finos e elegantes detalles. É sen dúbida un moi bo lugar para atopar ideas para eses agasallos que nos quedan pendentes.

Outro dos comercios que participan é Merci, tenda de roupa para mulleres e homes, ubicada na Avenida de Fisterra 62. O amplo local permite albergar todo tipo de prendas, dende suadoiros, pantalóns, camisas ata calzado e complementos, entre os que podemos atopar gorros e bufandas. O catálogo de marcas que traballa, fan dela unha das tendas de referencia á hora mercar roupa en Laracha tanto para os máis novos como para os máis maiores, pois na tenda podemos atopar distintos estilos. A súa propietaria, Sandra anima a ter presente o comercio local, especialmente nestes momentos.

Sandra da tenda Merci de Laracha
Sandra na tenda Merci

Asimesmo cabe resaltar, que a campaña “Laracha téndelle a man ao pequeno comercio” conta cun servizo de consultoría personalizada, a través do cal os comerciantes poden facer chegar todo tipo de dúbidas e inquedanzas para que estás se lles resolvan. Preténdese en definitiva dotar de ferramentas útiles aos comercios para unha maior competitividade e eficiencia.

Por último gustaríame agradecer a súa colaboración e paciencia ás nosas tres protagonistas. Esperamos que as tres teñan unha moi boa campaña de Nadal.

Comentarios