Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A rapazada de Carballo convírtese en concelleir@s

Alumnos carballeses na casa do Concello
A rapazada de Carballo convírtese en concelleir@s

Experiencia total a que viviron este mércores 75 alumn@s de 2º Primaria do CEIP Bergantiños. Aos seus 7 anos convertíronse en concelleiriñ@s, ben afiados, facéndolle preguntas e preguntas ao alcalde, Evencio Ferrero, que estivo acompañado polo concelleiro Luis Lamas durante a visita ao salón de plenos municipais.

Unha visita que permite ás mestras afianzar os contidos vinculados co municipalismo da materia de Sociais, que se completou cunha pequena excursión polas instalacións municipais que incluíu a Oficina Técnica, a Policía Local e a Policía Nacional. 

Comentarios