mércores. 30.04.2025
El tiempo

As praias carballesas locen xa a bandeira LGTBIQ+

Razo bandeira LGTBIQ
Socorristas de cada un dos areais, xunto co coordinador de Protección Civil, Javier Souto, realizaron o izado dos emblemas, en Razo, xunto ás concelleiras de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade, Maica Ures, e Cultura e Festas, Maruxa Suárez, así como o concelleiro de Medio Ambiente e Praias, Miguel Vales.
As praias carballesas locen xa a bandeira LGTBIQ+

A versión máis recente da bandeira do Orgullo, a bandeira do orgullo intersexual inclusivo, ondea desde onte nas praias carballesas xunto con outros distintivos como a bandeira azul, o sendeiro azul ou a do proxecto Carballo é mar.

A bandeira do orgullo intersexual inclusivo foi creada en 2021 por Valentino Vecchietti, columnista intersexual e personalidade dos medios de comunicación. "As bandeiras do Orgullo existen non para conternos ou delinearnos, senón para reflectir a nosa existencia diversa e crear unha visibilidade inclusiva _afirma_. A inclusión non pode darse por suposta; o importante é que podamos vela". A bandeira baséase no deseño do Progress Pride ao incorporar un círculo morado dentro dun triángulo amarelo, que simboliza o orgullo intersexual. Con 11 cores, é unha sutil chiscadela ao emblema orixinal do orgullo arco iris.

Comentarios