venres. 16.01.2026
El tiempo

A Rede polo Decrecemento de Carballo celebra este sábado unha completa xornada no Casino

Rede Decrecemento en Carballo
A Rede polo Decrecemento de Carballo celebra este sábado unha completa xornada no Casino

Continúa medrando a Rede polo Decrecemento de Carballo, e este sábado 17, celebra no Casino, o Día Internacional do Decrecemento cunha xornada chea de actividades,

As actividades comezan ás 11:00h coa apertura da Feira Artesanal, que estará aberta durante todo o día. A partir das 11:30h hai unha Palestra "Soberanía alimentaria, produción labrega" da man do Sindicato Labrego Galego.

A partir das 13:00h abre a barra para Sesión vermú con "Afroliada", cunha maridaxe de músicas e bailes tradicionais africanos e galegos.

Ás 14:00h haberá Xantar comunitario, ao que invitan que cada cadaquén traia a comida que considere para compartir. 

Ás 16:00h haberá unha nova Palestra, sobre "Sementamos soberanía, colleitamos comunidade" da man da Fundación Galicia Verde, para dar peche, contra ás 18:00h, á festiva xornada.

Máis novas

Comentarios