A Rede polo Decrecemento de Carballo e Enxeñeria sen Fronteiras preparan un taller de reparación de ordenadores
 
          
    09:56 22/05/25 
            Este sábado ás 16:00 horas, no Casino1889 de Carballo, a Rede polo Decrecemento de Carballo, organiza da man de Enxeñeria sen Fronteiras de Galicia, un taller de reparación de aparatos eléctronicos, nomeadamente ordenadores, no que se aprenderá ás asistentes a reparar os seus aparatos para loitar contra a obsolescencia programada e contribuir á regra das 3R: Reducción do consumo de bens e enerxía así como de residuos, Reutilización de productos para darlle unha segunda vida e Reciclaxe para convertilos en nova materia prima.
Posteriormente proxectaranse dous documentais, duns 20 minutos de duración cada un, sobre residuos electrónicos. 
A xornada é completamente de balde.
Máis novas da Rede de Decrecemento
 
       
       
             
             
             
             
        

 
           
          