Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Rescatan unha persoa maior que caera sobre unha estrutura a 2 metros de altura

Bombeiros de Carballo nun rescate
Rescatan unha persoa maior que caera sobre unha estrutura a 2 metros de altura

Este pasado venres tivo lugar un complicado rescate en Imende, Noicela. Concello de Carballo. Arredor das 12:00h da mañá, o 112 solictaba colaboración para evacuar a unha persoa dunha zona de difícil acceso.

Os Bombeiros de Carballo, que acodían ademais da Ambulancia SVB con 2 técnicos e 2 voluntarios de Protección Civil Carballo, comprobaron que se trataba dunha persoa de idade avanzada que caera e está sobre unha estrutura de formigón duns 2 metros de altura ao carón da casa.

En colaboración cos Técnicos de Emerxencias Sanitarias (TES) desprazados ao punto rescataron á persoa e a colocaron na padiola para baixala de onde se atopaba e así poder trasladala á ambulancia. Finalmente foi evacuada ao CHUAC, consciente pero con posibles fracturas.

Comentarios