Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Ricardo Seixo reabre o probgrama de presentacións de Espiral Maior Foro

RICARDO SEIXO Presentación
Ricardo Seixo reabre o probgrama de presentacións de Espiral Maior Foro

Volve á carga con programación cultural o Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34, baixo). Faino hoxe xoves, día 15 de setembro, ás 20:00 h., ca presentación do libro “Pousos de natureza”, do poeta coruñés Ricardo Seixo.

O acto, organizado en colaboración coa Agrupación Cultural Lumieira de Carballo, contará coa presenza de Ánxeles Ares, secretaria de Lumieira; Farruco Fraga, membro da directiva da
entidade cultural carballesa, e Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e director de Espiral Maior Foro.

“Pousos de natureza”, que acaba de ver a luz en edición de autor, con deseño e ilustracións de Abraham Vila, é o sexto libro de poemas de Ricardo Seixo, que ademais de poeta, mestre, compositor e intérprete musical, formou parte nos anos 70 do século pasado do mítico grupo musical Verbas Xeitosas. O acto contará coa actuación musical do grupo Maraxe.

Co presente acto, Espiral Maior Foro inicia a súa programación na nova temporada do outono, e o sábado 17 de setembro, ás 12:00 h. terá lugar unha nova sesión do seu Clube de Lectura arredor da novela “O negociador”, do escritor e xornalista de Pastoriza, residente na Laracha, Miguel Sande, que asistirá ao acto.

Novas relacionadas

Comentarios